AUTORES CARTONÉ

Venres, 15 de abril, Portland, Oregón*

gardafreos

Erguinme moi débil. Houbo un momento tenso dabondo en San Francisco, ao estar tan perto de Elizabeth, temeroso de que algo nos incomodase aos dous.

Tamén ao ver a Eleanor de novo, despois de tanto tempo.

Todos os trens van a media carga.

Cruzamos, durante a primeira parte do día, un gran val chairo. Había cores por todos os lados. Nas grandes veigas os homes traballaban con tractores. Era todo zona de regadío.

Pasei o día todo na traseira do tren. O gardafreos, que estaba alí atrás, era un home lido. Falou de Egene O’Neill comigo.

Fun un pouco parvo coa comida… Comín de máis.

Hai moitas cousas das que me gustaría escribir sobre todo o que levo visto do país.

A rente das vías houbo todo o día campos de papoulas amarelas e tremoceiros púrpuras.

Ás 3.00 PM comezamos a meternos entre castrelos, castrelos nus de aspecto estraño nos que a choiva cortara carricovas de xeito que semellaban rostros de vellas engurradas.

Seguiamos o río Sacramento, cara a súa fonte no monte Shasta, e podían verse as montañas cubertas de neve na distancia.

O tren segue o seu camiño cobregueante entre os castrelos ao longo do leito do río. O río alá atrás, no val, fora unha ampla corrente navegable, de aspecto maino, pero agora era un torrente precipitado.

Acordei unha vez de noite e había unha gran folerpada xunto ás vías. Entramos en Oregón ás 9.00 AM.

Entraramos noutro val grande, pero non tan seco como os vales de California. Aquí era o comezo da primavera e as árbores froiteiras estaban todas en flor. Acordei cedo despois dunha noite incómoda e axitada, resultado de experiencias emocionais de máis, de ver xente de máis, etc. Botamos a andar ao longo do río Willamette. A temporada de primavera do salmón xa comezara e, aínda con ser pola mañá cedo, moitos pescadores estaban aí fóra, nas súas barcas, tras o peixe máis grande.

Na cidade de Oregón hai un ascensor que sube aos membros traballadores da poboación a un outeiro, ou chaira elevada. Había moitos toros no río e grandes fábricas papeleiras. O gardafreos, comunista incipiente, comezou a falar de Rusia.

*Do libro Sherwood Anderson’s Secret Love Letters: For Eleanor, A Letter a Day, unha colección de cartas dirixidas a Eleanor Copenhaver, a súa cuarta muller, quen as atopou anos despois da morte do autor.

Advertisements
Estándar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s